FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > RÉXIMES ESPECIAIS > RÉXIME ESPECIAL DE ATRIBUCIÓN DE RENDAS

ENTIDADES EN RÉXIME DE ATRIBUCIÓN DE RENDAS (art. 87 da lei)

 

Entidades en réxime de atribución de rendas (art. 8.3 e 87 da lei)

 

As rendas correspondentes ás sociedades civís, teñan ou non personalidade xurídica, herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, atribuiránselles aos socios, herdeiros, comuneiros ou partícipes, respectivamente, conforme as normas do imposto sobre a renda das persoas físicas.

 

O réxime de atribución de rendas seralles aplicable ás entidades constituídas no estranxeiro cuxa natureza xurídica sexa idéntica ou análoga á das entidades en atribución de rendas constituídas de acordo coas leis españolas.

 

O réxime de atribución de rendas non será aplicable ás sociedades agrarias de transformación que tributarán polo imposto sobre sociedades.

 

As entidades en réxime de atribución de rendas non estarán suxeitas ao imposto sobre sociedades.

 

Cualificación da renda atribuída (art. 88)

 

As rendas das entidades en réxime de atribución de rendas atribuídas aos socios, herdeiros, comuneiros ou partícipes terán a natureza derivada da actividade ou fonte de onde procedan.