ENTIDADES E INSTITUCIÓNS PREVISTAS NA LEI 49/2002

 

Orixinan dereito a dedución as doazóns realizadas en favor das seguintes entidades previstas na Lei 49/2002, do 23 de novembro:

 

•    As entidades sen fins lucrativos ás que sexa de aplicación o réxime fiscal do título II da Lei 49/2002, do 23 de decembro, sempre que persigan fins de interese xeral e cumpran o resto dos requisitos e condicións previstos no artigo 3 da citada lei. É dicir:

 

•    As fundacións.

•    As asociacións declaradas de utilidade pública.

•    As organizacións non gobernamentais de desenvolvemento a que se refire a Lei 23/1998, do 7 de xullo, de cooperación internacional para o desenvolvemento, sempre que teñan algunha das formas xurídicas a que se refiren os dous tipos de entidades xa citadas.

•    As delegacións de fundacións estranxeiras inscritas no Rexistro de Fundacións.

•    As federacións deportivas españolas, as federacións deportivas territoriais de ámbito autonómico integradas naquelas, o Comité Olímpico Español e o Comité Paralímpico Español.

•    As federacións e asociacións das entidades sen fins lucrativos a que se refiren os puntos anteriores.

 

•    O Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais, así como os organismos autónomos do Estado e as entidades autónomas de carácter análogo das comunidades autónomas.

 

•    As universidades públicas e os colexios maiores adscritos a estas.

 

•    O Instituto Cervantes, o Institut Ramon Llull e as demais institucións con fins análogos das comunidades autónomas con lingua oficial propia.

 

•    A Cruz Vermella Española e a Organización Nacional de Cegos Españois (DA quinta).

 

•    A Obra Pía dos Santos Lugares (DA sexta).

 

•    O Museo Nacional do Prado.

 

•    Os consorcios da Casa de América, Casa Asia Institut Europeu de la Mediterrània e o Museo Nacional de Arte de Cataluña (DA sétima).

 

•    As fundacións de entidades relixiosas, sempre que optasen por aplicar o réxime establecido nesta lei e certifiquen a súa inscrición no Rexistro de entidades relixiosas (DA oitava).

 

•    As entidades da lgrexa católica establecidas nos artigos IV e V do Acordo sobre asuntos económicos entre o Estado español e a Santa Sé, e as igualmente existentes nos acordos de cooperación do Estado español con outras igrexas, confesións e comunidades relixiosas (DA novena).

 

•    O Instituto de España e as reais academias integradas neste, e as institucións das comunidades autónomas que teñan fins análogos aos da Real Academia Española.