FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO A1 - A2 - A3 - A4 DEDUCIÓNS XERAIS DA COTA > RÉXIME ESPECIAL DA RESERVA PARA INVESTIMENTOS EN CANARIAS > FORMA DE CUBRIR

DOTACIÓNS Á RESERVA PARA INVESTIMENTOS EN CANARIAS (art. 27 da Lei 19/1994, do 6 de xullo)

 

Os contribuíntes acollidos ao réxime da reserva para investimentos en Canarias consignarán, mediante unha ventá de captura de datos, a seguinte información:

 

•    Reserva para investimentos en Canarias 2010, 2011, 2012 e 2013:

 

-   Dotación á reserva nos anos 2010, 2011, 2012 e 2013: faranse constar as dotacións con dereito á dedución efectuadas nestes exercicios.

 

-   Materializacións en 2014: deberá consignar na epígrafe correspondente da ventá as materializacións efectuadas con cargo ás dotacións dos exercicios 2010 a 2013.

 

Para estes efectos, en función da natureza dos investimentos a ventá de captura de datos distingue entre:

 

-     investimentos previstos no artigo 27.4. A), B) e D) 1, Lei 19/1994.

-     investimentos previstos no artigo 27.4. C) e D) 2 a 6, Lei 19/1994.

 

-   Pendente de materializar

 

Farase constar, ademais, o importe da reserva pendente de materializar o 31 de decembro de 2014.

 

Unha vez cuberta esta epígrafe o resultado da dedución trasládase aos recadros 556 e 557 da páxina 15 da declaración.

 

 

•    Reserva para investimentos en Canarias 2014

 

-   Rendementos de establecementos en Canarias: consignaranse os rendementos de explotación do exercicio derivados de establecementos situados en Canarias.

 

-   Dotación á reserva en 2014: faranse constar as dotacións con dereito á dedución efectuadas en 2014.

 

-   Materializacións en 2014: deberá consignar na epígrafe correspondente da ventá as materializacións efectuadas con cargo á dotación do exercicio 2014.

 

Para estes efectos, en función da natureza dos investimentos a ventá de captura de datos distingue entre:

 

-     investimentos previstos no artigo 27.4. A), B) e D) 1, Lei 19/1994.

-     investimentos previstos no artigo 27.4. C) e D) 2 a 6, Lei 19/1994.

 

-   Pendente de materializar

 

Farase constar, ademais, o importe da reserva pendente de materializar o 31 de decembro de 2014.

 

Unha vez cuberta esta epígrafe, o resultado da dedución trasládase aos recadros 556 e 557 da páxina 15 da declaración.

 

Información sobre os cálculos

 

A título meramente informativo, na ventá de captura de datos móstranse os cálculos realizados polo programa, tanto na declaración conxunta como nas declaracións individuais do declarante e do cónxuxe.