FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO A1 - A2 - A3 - A4 DEDUCIÓNS XERAIS DA COTA > DEDUCIÓNS POR DONATIVOS

DONATIVOS CON LÍMITE DO 15 POR 100 DA BASE LIQUIDABLE (art. 68.3 da lei)

 

As cantidades doadas ou satisfeitas ás entidades e institucións previstas na Lei 49/2002 que se destinen á realización e desenvolvemento de actividades e programas prioritarios de mecenado terán dereito a unha dedución do 30 por 100.

 

Tamén terán dereito a unha dedución do 30 por 100 os donativos e doazóns establecidos no artigo 17 da Lei 49/2002 realizados a favor de universidades públicas e privadas de entidades sen fins lucrativos ás que se refire o artigo 2 da Lei 49/2002, que comunicasen a opción por aplicar o réxime fiscal especial establecido nesta, sempre que esas universidades desenvolvan ensinanzas de doutoramento ou terceiro ciclo de estudos universitarios.

 

As ditas universidades deberán destinar o importe do donativo ou o ben ou dereito doado a programas de investigación universitaria e doutoramento, e así debe constar na certificación que teñen que expedir nos termos establecidos legalmente.

 

 

Límite

A base da dedución destes donativos non poderá exceder do 15 por 100 da base liquidable.

 

Forma de cubrir

Deberá reflectir o importe das cantidades doadas no recadro F do anexo A da declaración.