Cando os contribuíntes presenten por vía electrónica a declaración do IRPF ou confirmen por esta mesma vía o borrador de declaración e, ademais de fraccionar o importe do ingreso da cota resultante da súa autoliquidación, unicamente opten por domiciliar o importe correspondente ao segundo prazo, será a Axencia Tributaria quen lle comunique a dita domiciliación á entidade colaboradora sinalada polo contribuínte no documento de ingreso ou devolución.
Posteriormente, a entidade colaboradora remitiralle ao contribuínte xustificante do ingreso realizado, de acordo coas especificacións recollidas na Orde EHA/2027/2007, que servirá como documento acreditativo do ingreso efectuado no Tesouro Público.