CUESTIÓNS XERAIS > DECLARACIÓN POLO IRPF

DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE INCLUÍR NO SOBRE

 

As declaracións do imposto sobre a renda das persoas físicas deberán ir acompañadas do exemplar para a Administración do documento de ingreso ou devolución, modelo 100.

 

Non obstante, nas declaracións realizadas mediante o programa informático elaborado pola Axencia Tributaria (programa PADRE) non se esixe a inclusión deste modelo, xa que no seu lugar se presenta unha páxina 0 que contén os datos do documento de ingreso ou devolución.

 

Non será necesario incluír ningún outro documento, salvo nos supostos especiais que se comentan a continuación.

 

 

CONTRIBUÍNTES A QUEN SEXA APLICABLE A IMPUTACIÓN DE RENDAS NO RÉXIME DE TRANSPARENCIA FISCAL INTERNACIONAL (art. 91 da lei )

 

Deberán presentar os seguintes datos relativos a cada unha das entidades non residentes cuxas rendas se inclúan na declaración:

 

-   Nome ou razón social e lugar do domicilio social

-   Relación de administradores

-   Balance e conta de perdas e ganancias

-   Importe das rendas positivas que deban ser imputadas

-   Xustificación dos impostos satisfeitos respecto da renda positiva que deba ser imputada

 

 

CONTRIBUÍNTES QUE EFECTUASEN INVESTIMENTOS ANTICIPADOS DE FUTURAS DOTACIÓNS Á RESERVA PARA INVESTIMENTOS EN CANARIAS

 

Deberán presentar, xunto co exemplar para a Administración da declaración, comunicación da citada materialización e o seu sistema de financiamento.

 

 

SOLICITUDE DE DEVOLUCIÓN MEDIANTE CHEQUE NOMINATIVO

 

Os contribuíntes que soliciten a devolución mediante cheque nominativo do Banco de España deberán presentar conxuntamente coa declaración un escrito que conteña a dita solicitude.

 

Rexistro electrónico xeral da AEAT

 

Os anteriores documentos ou escritos poderán presentarse en forma de documentos electrónicos a través do rexistro electrónico da Axencia Estatal de Administración Tributaria, de acordo co procedemento previsto na Resolución do 28 de decembro de 2009 pola que se crea a sede electrónica e se regulan os rexistros electrónicos da AEAT.

 

A utilización do rexistro telemático xeral mencionado terá carácter obrigatorio naqueles supostos nos que o contribuínte desexe efectuar a presentación da súa declaración por vía telemática.