DOAZÓNS ÁS ENTIDADES E INSTITUCIÓNS PREVISTAS NA LEI 49/2002

 

Darán dereito a dedución os seguintes donativos, doazóns e achegas irrevogables, puros e simples, realizados en favor das entidades e institucións previstas na Lei 49/2002, coas seguintes condicións:

 

1-   DONATIVOS QUE DAN DEREITO A DEDUCIÓN (art. 17 e 18 da Lei 49/2002)

 

TIPO de doazón

DOAZÓNS

BASE DE DEDUCIÓN

En diñeiro

Donativo en diñeiro

O seu importe

Cotas de afiliación a asociacións que non se correspondan co dereito a percibir unha prestación presente ou futura

O seu importe

De bens

Bens do patrimonio histórico español, inscritos no Rexistro xeral de bens de interese cultural ou incluídos no Inventario xeral regulado na Lei 16/1985, do patrimonio histórico español

A valoración efectuada pola Xunta de Cualificación, Valoración e Exportación

Bens culturais de calidade garantida a favor de entidades que persigan entre os seus fins a realización de actividades museísticas e o fomento do patrimonio histórico-artístico

A valoración efectuada pola Xunta de Cualificación, Valoración e Exportación

Outros bens

O valor contable que tivesen no momento da transmisión e, no seu lugar, o valor determinado conforme as normas do imposto sobre o patrimonio

De dereitos

Constitución dun dereito real de usufruto sobre bens inmobles, realizada sen contraprestación

O importe anual que resulte de aplicar, en cada un dos períodos impositivos de duración do usufruto, o 2 por 100 ao valor catastral, determinándose proporcionalmente ao número de días que corresponda de cada período impositivo

Constitución dun dereito real de usufruto sobre valores, realizada sen contraprestación

O importe anual dos dividendos ou xuros percibidos polo usufrutuario en cada un dos períodos impositivos de duración do usufruto

Constitución dun dereito real de usufruto sobre outros bens e dereitos, realizada sen contraprestación

O importe anual resultante de aplicar o xuro legal do diñeiro de cada exercicio ao valor do usufruto determinado no momento da súa constitución conforme as normas do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Doazón doutros dereitos

O valor contable que tivesen no momento da transmisión e, no seu lugar, o valor determinado conforme as normas do imposto sobre o patrimonio

 

O valor determinado de acordo co recollido na columna "Base de dedución" terá como límite máximo o valor normal de mercado do ben ou dereito transmitido no momento da súa transmisión.

 

2-   PORCENTAXE DE DEDUCIÓN (art. 19 da Lei 49/2002)

 

O contribuínte terá dereito a deducir un 25 por 100 da base de dedución determinada de acordo co recollido no parágrafo anterior.

 

A Lei de orzamentos xerais do Estado poderá establecer unha relación de actividades prioritarias de mecenado e poderá elevar en cinco puntos porcentuais, como máximo, as porcentaxes e límites desta dedución.

 

No exercicio 2014 produciuse a dita elevación, logo as actividades recollidas como actividades e programas prioritarios de mecenado levarán unha dedución do 30 por 100.