FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > BASE LIQUIDABLE XERAL E BASE LIQUIDABLE DO AFORRO

DETERMINACIÓN DA BASE LIQUIDABLE XERAL

 

A base liquidable xeral estará constituída polo resultado de practicar na parte xeral da base impoñible as reducións seguintes, xa expostas nos parágrafos anteriores:

 

a)   Por tributación conxunta.

b)   Por achegas a sistemas de previsión social. Réxime xeral.

c)   Por achegas a sistemas de previsión social do cónxuxe.

d)   Por achegas a sistemas de previsión social en favor de persoas con discapacidade.

e)   Por achegas á mutualidade de deportistas profesionais.

f)    Por achegas aos patrimonios protexidos das persoas con discapacidade.

g)   Por pensións compensatorias e anualidades por alimentos.

h)   Por cotas e achegas a partidos políticos.

 

IMPORTANTE: a base liquidable xeral non poderá resultar negativa como consecuencia destas reducións.

 

COMPENSACIÓNS

 

-   BASES LIQUIDABLES XERAIS NEGATIVAS DE 2010 a 2013

 

Se o contribuínte tivese bases liquidables xerais negativas pendentes de compensar dos exercicios 2010 a 2013, poderá compensalas coa base impoñible xeral do presente exercicio. Para iso deberá consignalas na epígrafe "J. Base liquidable xeral e base liquidable do aforro. Determinación da base liquidable xeral", recadro 489 da páxina 13 da declaración.

 

A compensación deberá efectuarse na contía máxima que permita o recadro 488.