CUESTIÓNS XERAIS > DECLARACIÓN POLO IRPF

DESPRAZADOS EVENTUAIS

 

FÓRA DO TERRITORIO ESPAÑOL

 

Os contribuíntes polo IRPF que teñan a súa residencia habitual no estranxeiro e aqueles que se encontren fóra do territorio nacional durante o prazo de declaración poderán presentar a súa declaración e, se é o caso, realizar o ingreso ou solicitar a devolución por vía telemática.

 

No suposto de declaracións para devolver con renuncia á devolución ou negativas, estas poderán enviarse por correo certificado dirixido á última delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria en cuxa demarcación tiveron ou teñan a súa residencia habitual.

 

 

Declaracións acollidas ao procedemento de suspensión do ingreso

 

Se se trata de declaracións de cónxuxes non separados legalmente nas que un deles solicite a suspensión do ingreso e o outro a renuncia ao cobramento da devolución, ambas as declaracións se presentarán  simultánea e conxuntamente.