FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DERIVADOS DE INMOBLES

DEREITOS DE APROVEITAMENTO POR QUENDA DE BENS INMOBLES (art. 85.3 da lei)

 

Nos supostos de dereitos de aproveitamento por quenda de bens inmobles, a imputación efectuarase ao titular do dereito rea le ratearase o valor catastral en función da duración anual do período de aproveitamento.

Cando na data de xeración do imposto os inmobles carecesen de valor catastral ou este non se notificase ao seu titular, tomarase como base de imputación o prezo de adquisición do dereito de aproveitamento.

Non procederá a imputación de renda inmobiliaria aos titulares de dereitos de aproveitamento por quenda de bens inmobles cando a súa duración non exceda de dúas semanas por ano.