FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO A1 - A2 - A3 - A4 DEDUCIÓNS XERAIS DA COTA

DEDUCIÓNS POR INVESTIMENTOS E GASTOS DE INTERESE CULTURAL (art. 68.5 da lei)

 

DEDUCIÓN POR ACTUACIÓNS PARA A PROTECCIÓN E DIFUSIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO ESPAÑOL E DAS CIDADES, CONXUNTOS E BENS DO PATRIMONIO MUNDIAL

 

Terán dereito a unha dedución na cota do 15 por 100 do importe dos investimentos e gastos que realicen para:

 

a)   A adquisición de bens do patrimonio histórico español, realizada fóra do territorio español para a súa introdución dentro do dito territorio, sempre que os bens sexan declarados de interese cultural ou incluídos no Inventario xeral de bens mobles no prazo dun ano desde a súa introdución e permanezan en territorio español e dentro do patrimonio do titular durante polo menos catro anos.

 

A base desta dedución será a valoración efectuada pola Xunta de Cualificación, Valoración e Exportación de bens do patrimonio histórico español.

 

b)   A conservación, reparación, restauración, difusión e exposición dos bens da súa propiedade que estean declarados de interese cultural conforme a normativa do patrimonio histórico do Estado e das comunidades autónomas, sempre e cando se cumpran as esixencias establecidas na citada normativa, en particular respecto dos deberes de visita e exposición pública dos ditos bens.

 

c)   A rehabilitación de edificios, o mantemento e reparación dos seus tellados e fachadas, así como a mellora de infraestruturas da súa propiedade situados no contorno que sexa obxecto de protección das cidades españolas ou dos conxuntos arquitectónicos, arqueolóxicos, naturais ou paisaxísticos e dos bens declarados patrimonio mundial pola UNESCO situados en España.

 

A base desta dedución non poderá exceder do 10 por 100 da base liquidable do contribuínte (art. 69 da lei).