FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > DEDUCIÓNS XERAIS DA COTA ÍNTEGRA

DEDUCIÓN POR RENDEMENTOS DERIVADOS DA PRODUCIÓN DE BENS CORPORAIS EN CANARIAS (art. 26 da Lei 19/1994)

 

Os rendementos derivados da venda de bens corporais producidos en Canarias polo propio contribuínte gozan dunha bonificación do 50 por 100 da cota correspondente a estes.

 

REQUISITOS

 

-   Que os rendementos deriven da venda de bens corporais producidos en Canarias polo propio contribuínte.

 

-   Que se trate de actividades agrícolas, gandeiras, industriais ou pesqueiras. En canto á pesca de altura, para beneficiarse desta bonificación é necesario que se desembarque en portos canarios e se manipule ou transforme no arquipélago.

 

-   Que os contribuíntes estean domiciliados en Canarias. Se estivesen domiciliados noutros territorios, deben dedicarse á produción ou transformación dos bens anteriormente sinalados en Canarias mediante sucursal ou establecemento permanente.

 

-   Que determinen os seus rendementos en réxime de estimación directa.

 

-   Que os rendementos netos con dereito a bonificación sexan positivos.

 

 

 

FORMA DE CUBRIR

 

No recadro 558 da epígrafe "N. Cálculo do imposto e resultado da declaración" abrirase unha ventá de captura de datos onde se farán constar os rendementos netos (reducidos) derivados das actividades de produción sinaladas.

 

Posteriormente o programa desagregará a parte estatal e a autonómica da dedución.

 

Información sobre os cálculos

 

A título meramente informativo, na dita ventá de captura de datos móstrase o resultado calculado polo programa da parte de cota íntegra que proporcionalmente corresponde aos rendementos derivados da venda de bens corporais producidos en Canarias, tanto na declaración conxunta coma nas declaracións individuais do declarante e do cónxuxe.