FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO A1 - A2 - A3 - A4 DEDUCIÓNS XERAIS DA COTA

DEDUCIÓN POR RENDAS OBTIDAS EN CEUTA OU MELILLA

 

DEDUCIÓN POR RENDAS OBTIDAS EN CEUTA E MELILLA. FORMA DE CUBRIR (art. 68.4 da lei)

 

Deberá cubrirse esta epígrafe no caso de que o contribuínte teña dereito á dedución por rendas obtidas en Ceuta ou Melilla.

 

 

Forma de cubrir

 

A través dunha ventá de captura de datos faranse constar as rendas obtidas en Ceuta ou Melilla, consignando a seguinte información:

 

 

Rendas incluídas na base impoñible xeral

 

Consignarase neste recadro o importe das rendas obtidas en Ceuta ou Melilla incluídas na base impoñible xeral.

 

Inclúense na base impoñible xeral:

 

•    Os rendementos netos (reducidos) do traballo, do capital (que non se deban incluír na base impoñible do aforro) e de actividades económicas.

 

•    Os rendementos que procedan da titularidade de bens inmobles situados en Ceuta e Melilla.

 

•    O saldo neto de ganancias e perdas patrimoniais imputables a 2014 que non deriven da transmisión de elementos patrimoniais.

 

•    O saldo neto de ganancias e perdas patrimoniais imputables a 2014 que deriven da transmisión de elementos patrimoniais adquiridos con menos dun ano de antelación á data de transmisión.

 

Partidas negativas orixinadas en Ceuta e Melilla

 

Se o saldo neto de ganancias e perdas patrimoniais que non deriven dunha transmisión é negativo, só se terá en conta o importe que se integrase na base impoñible do exercicio, sen incluír, se é o caso, a parte pendente de compensar en anos sucesivos. Se o dito saldo negativo non corresponde integramente a rendas obtidas en Ceuta ou Melilla, a parte pendente de compensar distribuirase proporcionalmente.

 

Así mesmo, para calcular as rendas obtidas en Ceuta e Melilla incluídas na base impoñible xeral, deberán restarse as partidas negativas de anos anteriores con orixe en Ceuta e Melilla que se compensasen no presente exercicio na base impoñible xeral.

 

Para o cálculo desta dedución, o programa non prevé o suposto de que se produza a compensación de bases liquidables negativas de exercicios anteriores.

 

 

Rendas incluídas na base impoñible do aforro

 

Consignarase neste recadro o importe das rendas obtidas en Ceuta ou Melilla incluídas na base impoñible do aforro.

 

Inclúense na base impoñible do aforro:

 

•    O saldo neto positivo de ganancias e perdas patrimoniais imputables a 2014 que deriven da transmisión de elementos patrimoniais adquiridos con máis dun ano de antelación.

•    O saldo neto positivo dos rendementos de capital mobiliario incluídos na base impoñible do aforro.

 

 

Partidas negativas orixinadas en Ceuta e Melilla

 

Para calcular as rendas obtidas en Ceuta e Melilla incluídas na base impoñible do aforro, deberán restarse as partidas negativas de anos anteriores con orixe en Ceuta e Melilla que se compensasen no presente exercicio. Se o dito saldo negativo non corresponde integramente a rendas obtidas en Ceuta ou Melilla, a parte pendente de compensar distribuirase proporcionalmente.

 

 

Tributación conxunta

 

Para que o programa calcule a dedución neste tipo de tributación, deberá incluír a suma das rendas obtidas en Ceuta e Melilla por todos os membros da unidade familiar.

 

En xeral, o importe das rendas obtidas en Ceuta e Melilla con dereito a dedución será a suma do importe daquelas que orixinan este mesmo dereito nas declaracións individuais do declarante e do cónxuxe.

 

Non obstante, nalgúns casos, a opción polo tipo de tributación pode orixinar variacións na contía dos gastos deducibles con límite máximo (recadros 012 e 013 da páxina 3 da declaración), e das reducións aplicables sobre os rendementos netos do traballo (recadros 17 a 20 da páxina 3 da declaración).

 

 

Información sobre os cálculos

 

A título meramente informativo, na ventá de captura de datos amósase o resultado calculado polo programa da parte da cota íntegra que proporcionalmente corresponde ás rendas computadas para determinar a base impoñible xeral e do aforro obtidas en Ceuta ou Melilla, tanto na declaración conxunta coma nas declaracións individuais do declarante e do cónxuxe e, se é o caso, dos fillos.