FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > COTA LÍQUIDA E COTA RESULTANTE DA AUTOLIQUIDACIÓN

DEDUCIÓN POR OBTENCIÓN DE RENDEMENTOS DO TRABALLO OU DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (art. 80 bis da Lei 35/2006)

 

Os contribuíntes cuxa base impoñible sexa inferior a 12.000 euros anuais que obteñan rendementos do traballo ou rendementos de actividades económicas deducirán a seguinte contía:

 

1.   Se a base impoñible é igual ou inferior a 8.000 euros anuais: 400 euros.

2.   Se a base impoñible está comprendida entre 8.000,01 e 12.000 euros anuais:

400 - [(B.I- 8000) x 0,1].

 

Límite cuantitativo

 

O importe da dedución non poderá exceder do resultante de aplicar o tipo medio de gravame á suma dos rendementos netos do traballo e de actividades económicas minorados, respectivamente, polas reducións establecidas nos artigos 20 (redución por obtención de rendementos do traballo) e 32 (reducións por obtención de rendementos de actividades económicas) que, se é o caso, fosen aplicables.

 

Como consecuencia deste límite, o importe da dedución poderá ser inferior a 400 euros anuais.

 

Para estes efectos, non se computarán os rendementos do traballo ou de actividades económicas obtidos no estranxeiro na medida en que, por aplicación da dedución por dobre imposición internacional, non tributasen efectivamente no imposto.

 

Entenderase por tipo medio de gravame o resultante de sumar os tipos medios de gravame estatal e autonómico.

 

 

Importante: a contía da compensación fiscal será calculada polo programa cos datos facilitados na epígrafe "Dedución por adquisición de vivenda habitual" do anexo A.1 da declaración. Se procede compensación fiscal será trasladada ao recadro 738 da páxina 13.