FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > DEDUCIÓNS XERAIS DA COTA ÍNTEGRA

DEDUCIÓN POR DOTACIÓNS Á RESERVA PARA INVESTIMENTOS EN CANARIAS (art. 27 da Lei 19/1994, do 6 de xullo)

 

Os contribuíntes que teñan dereito a practicar a dedución por dotacións á reserva para investimentos en Canarias deben cubrir a información que se solicita na epígrafe “Reserva para Investimentos en Canarias” (anexo A2 do modelo de declaración).

 

Tamén se deberá utilizar a mesma epígrafe para sinalar o importe das dotacións realizadas en anos anteriores que se materializaron no exercicio 2014.

 

Unha vez cuberta a dita epígrafe, o programa traslada o resultado da dedución aos recadros 556 e 557, desagregando a parte estatal e a autonómica.