Os contribuíntes poderán aplicar unha dedución polas cantidades que se depositen en entidades de crédito, en contas separadas de calquera outro tipo de imposición, destinadas á constitución dunha sociedade nova empresa regulada no capítulo XII da Lei 2/1995, do 23 de marzo, de sociedades de responsabilidade limitada, de acordo cos seguintes requisitos e circunstancias:
1. O saldo da conta deberá destinarse á subscrición como socio fundador das participacións da sociedade nova empresa.
2. Pola súa parte, a sociedade nova empresa, no prazo máximo dun ano desde a súa válida constitución, deberá destinar os fondos achegados polos socios que se acollesen á dedución:
- Á adquisición de inmobilizado material e inmaterial exclusivamente afecto á actividade, nos termos previstos no artigo 29 da lei.
- A gastos de constitución e de primeiro establecemento.
- A gastos de persoal empregado con contrato laboral.
En todo caso, a sociedade nova empresa deberá contar, antes da finalización do prazo indicado con, polo menos, un local exclusivamente destinado a levar a xestión da súa actividade e unha persoa empregada con contrato laboral e a xornada completa.
Entenderase que non se cumpriron estes requisitos, cando a sociedade nova empresa desenvolva as actividades que se exercesen anteriormente baixo outra titularidade.
3. Cada contribuínte só poderá manter unha conta aforro-empresa e unicamente terá dereito á dedución pola primeira sociedade nova empresa que constitúa.
4. As contas aforro-empresa deberán identificarse nos mesmos termos ca os establecidos para o caso das contas vivenda.
5. A aplicación da dedución por conta aforro-empresa requirirá que o importe comprobado do patrimonio do contribuínte ao finalizar o período da imposición exceda do valor que reflectise a súa comprobación ao comezo deste polo menos na contía dos investimentos realizados, sen computar os xuros e demais gastos de financiamento.
BASE MÁXIMA DE DEDUCIÓN
A base máxima desta dedución será de 9.000 euros anuais e estará constituída polas cantidades depositadas en cada período impositivo ata a data da subscrición das participacións da sociedade nova empresa.
PORCENTAXE DE DEDUCIÓN
A porcentaxe de dedución aplicable sobre a base de dedución será do 15 por 100.
Perderase o dereito á dedución
c) Cando o contribuínte dispoña de cantidades depositadas na conta para fins diferentes da constitución da súa primeira sociedade nova empresa. En caso de disposición parcial, entenderase que as cantidades dispostas son as primeiras depositadas.
d) Cando transcorran catro anos, a partir da data en que foi aberta a conta, sen que se inscribise no Rexistro Mercantil a sociedade nova empresa.
e) Cando se transmitan entre vivos as participacións dentro do prazo de dous anos.
f) Cando a sociedade nova empresa non cumpra as condicións que determinan o dereito a esta dedución.
Forma de cubrir
A través dunha ventá de captura de datos indicarase o importe depositado durante o exercicio na conta aforro-empresa.
Identificación da conta aforro-empresa
Consignarase obrigatoriamente:
- A data de apertura da conta e o código conta cliente facilitado pola entidade de crédito.