FORMA DE CUBRIR IRPF. ANEXO A1 - A2 - A3 - A4 DEDUCIÓNS XERAIS DA COTA

DEDUCIÓN POR ALUGAMENTO DA VIVENDA HABITUAL (art. 68.7 da lei)

 

Os contribuíntes que teñan unha base impoñible inferior a 24.107 euros anuais poderán deducir o 10,05 por 100 das cantidades satisfeitas no período impositivo polo alugamento da súa vivenda habitual.

Nota: a base impoñible deberá ser inferior a 24.107 euros tanto en tributación individual coma en tributación conxunta.

 

BASE MÁXIMA DE DEDUCIÓN

•      Base impoñible igual ou inferior a 17.707,20 euros anuais: 9.040 euros anuais.

•      Base impoñible entre 17.707,20 e 24.107,20 euros anuais: 9.040 euros - {1,4125 x (BI - 17.707,20) }*.

 (*) BI = Base impoñible

 

Forma de cubrir

 

Na ventá de captura de datos deberán indicarse ata para dous arrendamentos distintos:

-   As cantidades satisfeitas no período impositivo polo alugamento da vivenda habitual co límite de 9.040 euros.

-   O NIF do arrendador.

-   Se o arrendador non reside en España e non ten NIF español, deberá reflectir no terceiro recadro o número de identificación que teña no país de residencia.