PRESENTACIÓN TELEMÁTICA > DECLARACIÓNS DO IRPF > PROCEDEMENTO PARA A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA

DECLARACIÓNS PARA DEVOLVER E NEGATIVAS

 

PRESENTACIÓN DA DECLARACIÓN POR VÍA TELEMÁTICA

 

Se o resultado da declaración é negativo (sen ingreso nin devolución), con solicitude de devolución ou con renuncia á devolución, o declarante ou, de ser o caso, o presentador procederá como segue:

 

1-   Deberá poñerse en comunicación coa sede electrónica da Axencia Tributaria a través da internet no enderezo: https://www.agenciatributaria.gob.es.

 

2-   Seleccionará o concepto fiscal (Renda 2014. Presentación de declaración).

 

3-   Seleccionará o ficheiro que contén a declaración que se vaia transmitir.

 

4-   A continuación procederá a transmitir a declaración utilizando calquera das formas das formas de presentación electrónica indicadas no apartado “Formas de presentación electrónica”.

 

 

Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase utilizar certificado electrónico recoñecido.

 

5-   Se a autoliquidación é aceptada, a Axencia Tributaria devolveralle en pantalla os datos da autoliquidación validados cun código seguro de verificación de 16 caracteres, ademais da data e hora da presentación.

 

6-   O presentador deberá imprimir e conservar a declaración aceptada, así como o documento de ingreso ou devolución, modelo 100, debidamente validados co correspondente código seguro de verificación.

 

 

7-   No suposto de que a presentación fose rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados. Neste caso, deberá procederse a rectificalos co programa de axuda co que se xerou o ficheiro ou repetindo a presentación se o erro é ocasionado por outro motivo.