No suposto de declaracións polo IRPF correspondentes a cónxuxes non separados legalmente nas que, ao amparo do disposto no artigo 97.6 da Lei do imposto, un deles solicite a suspensión do ingreso e o outro manifeste a renuncia ao cobramento da devolución, se algún dos cónxuxes opta polo procedemento de presentación electrónica, a declaración correspondente ao outro deberá presentarse tamén por este mesmo procedemento.