PROGRAMA > MANEXO DO PROGRAMA > UTILIZACIÓN DO PROGRAMA

DATOS PERSOAIS E FAMILIARES

 

Antes de cubrir a declaración, deberá seleccionar o tipo de captura de datos que desexa realizar.

 

Deberá marcar necesariamente unha X en calquera dos seguintes supostos:

 

-   Contribuíntes falecidos no ano 2014, nun día distinto ao 31 de decembro.

-   Contribuíntes cuxo cónxuxe é non residente e non contribuínte do IRPF.

 

Tamén poderá marcar unha X se desexa introducir unicamente os seus propios datos económicos sen incluír os do resto da unidade familiar.

Neste caso, o programa non realizará cálculos sobre cal das modalidades de tributación (individual ou conxunta) é máis favorable nin admitirá a posibilidade de solicitar a suspensión do ingreso da débeda tributaria, nunha contía igual ou inferior á devolución á que teña dereito o seu cónxuxe por este imposto. Se non opta por esta opción, pulse exclusivamente "Aceptar".

 

A introdución dos datos persoais e familiares realízase sobre un asistente que consta de catro pasos (ou pestanas) para cubrir os datos que correspondan:

Datos persoais e familiares

Fillos e outros descendentes

Ascendentes maiores de 65 anos ou discapacitados

Comunidade autónoma de residencia habitual)

 

A pantalla de datos persoais contén campos que determinan se a declaración corresponde a unha unidade familiar ou a un declarante individual. Estes campos son:

            Estado civil (o 31-12-2014)

            Ten fillos menores de idade ou incapacitados xudicialmente

 

Dependendo dos datos consignados nos referidos campos, o programa considerará que se trata dun contribuínte individual ou dunha unidade familiar.

 

Estes datos non se poderán modificar posteriormente. Se desexa facer algún cambio, deberá xerarse unha nova declaración.

 

Unha vez cubertos estes datos desaparece esta pantalla. Pode accederse a ela no menú Ver datos persoais ou pulsando a icona correspondente da barra de ferramentas.