Os datos que se solicitan a continuación son necesarios para determinar a existencia ou non de unidade familiar e para calcular o importe do mínimo persoal.
Estado civil (o 31-12-2014)
Indique o estado civil o 31 de decembro de 2014 do contribuínte que figure como primeiro declarante, conforme a algunha das situacións seguintes:
1- Solteiro
2- Casado
3- Viúvo
4- Divorciado ou separado legalmente
En caso de falecemento no ano 2014, deberá indicarse o estado civil do contribuínte na data do falecemento.
A determinación dos membros da unidade familiar realizarase unicamente atendendo á situación existente o 31 de decembro. Polo tanto, en caso de falecemento nun día distinto do 31 de decembro, o período impositivo remata e xérase o imposto na data do falecemento, sen opción por tributación conxunta co resto dos membros da unidade familiar.
Atención: unha vez confirmado este dato, ao saír do asistente para cubrir os datos persoais, non poderá ser modificado con posterioridade.
- Ten fillos menores de idade ou incapacitados sometidos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada que formen con vostede unidade familiar?
Indicarase se o contribuínte ten, na data de xeración do imposto, algún fillo que forme parte da súa unidade familiar; é dicir, fillos menores de 18 anos (salvo que co consentimento dos pais vivan independentemente destes), ou ben fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
Se os fillos menores de idade (ou incapacitados sometidos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada) perciben rendas, deberá tamén seleccionar o número de fillos perceptores de rendas. O programa só admite un máximo de catro fillos perceptores de rendas.
Atención: unha vez confirmado este dato, ao saír do asistente para cubrir os datos persoais, non poderá ser modificado con posterioridade.
Cónxuxe non residente que non é contribuínte
Marcarase este recadro cunha X se o cónxuxe do contribuínte non é residente en territorio español e, ademais, non ten a condición de contribuínte do IRPF.
Debe advertirse que, se o cónxuxe ou calquera outro membro da unidade familiar non é residente en territorio español, non cabe a opción polo réxime de tributación conxunta.
- Data de nacemento do declarante e do cónxuxe
Indique o día, mes e ano de nacemento do declarante e, se é o caso, do cónxuxe.
- NIF
Farase constar o número de identificación fiscal (NIF) do declarante e, se é o caso, do cónxuxe.
- Falecemento do declarante (antes do 31 de decembro)
Se o declarante faleceu durante o ano 2014, indique a data de falecemento. Para que se habilite este recadro, deberá ter marcada unha X no recadro que aparece na ventá inicial de captura de datos.
- Declarante ou cónxuxe discapacitado
Se o declarante ou o cónxuxe é discapacitado, deberá indicar o seu grao de discapacidade.
Os contribuíntes cuxa discapacidade fose declarada xudicialmente deberán indicar, como mínimo, un grao de discapacidade do 65 por 100, aínda que non alcancen o dito grao.
Se durante o período impositivo sobreveu a situación de discapacidade ou se modificou o seu grao ou circunstancias, seleccionarase a clave correspondente á discapacidade existente na data de xeración do imposto (normalmente o 31 de decembro).
Deberá seleccionar a clave que corresponda entre as seguintes:
1- Discapacidade en grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 %.
2- Discapacidade en grao igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 %, se se acredita que se precisa axuda de terceiras persoas ou que se ten mobilidade reducida.
3- Discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %.