Abrirase unha ventá de captura de datos na que deberá consignar os seguintes datos relativos á vivenda na que ten o seu domicilio actual (ano 2015), xa sexa como propietario, usufrutuario ou arrendatario, ou como simple residente nesta por razóns de convivencia familiar ou outras.
Ademais, no suposto de propiedade, en todo ou en parte, da vivenda, faranse constar, se é o caso, os datos das prazas de garaxe, cun máximo de dúas, e dos rochos e anexos adquiridos conxuntamente con esta.
NOTA: se desexa que o programa traslade os datos da vivenda habitual actual á declaración do cónxuxe, deberá marcar cunha X o recadro correspondente da ventá.
• Titularidade
Deberá indicar unha das seguintes claves:
Clave 1. Propiedade: cando o primeiro declarante e/ou o cónxuxe sexan propietarios, total ou parcialmente, da vivenda habitual que constitúa o seu domicilio actual (incluíndo, se é o caso, as prazas de garaxe ata un máximo de dúas).
Tamén se consignará esta clave no suposto de declaracións individuais do fillo 1, do fillo 2, do fillo 3 ou do fillo 4 cando sexan propietarios da vivenda habitual que constitúa o seu domicilio actual.
ATENCIÓN: cando só un dos cónxuxes sexa propietario da vivenda, ambos deberán consignar a clave 1, indicando o 100 % de participación o cónxuxe propietario.
- Clave 2. Usufruto: cando o primeiro declarante e/ou o cónxuxe sexan usufrutuarios, total ou parcialmente, da vivenda habitual que constitúa o seu domicilio actual (incluíndo, se é o caso, as prazas de garaxe ata un máximo de dúas).
Tamén se consignará esta clave no suposto de declaracións individuais do fillo 1, do fillo 2, do fillo 3 ou do fillo 4 cando sexan usufrutuarios da vivenda habitual que constitúa o seu domicilio actual.
ATENCIÓN: cando só un dos cónxuxes sexa usufrutuario da vivenda, ambos deberán consignar a clave 2, indicando o 100 % de participación o cónxuxe usufrutuario.
- Clave 3. Arrendamento: cando o primeiro declarante, o cónxuxe ou ambos teñan como domicilio actual unha vivenda arrendada.
Tamén se consignará esta clave se o fillo1, do fillo 2, do fillo 3 ou do fillo 4 son arrendatarios da vivenda habitual.
Neste caso tamén deberá indicar o NIF do arrendador.
- Clave 4. Outras situacións: para calquera outra situación distinta das que se deben indicar nas claves 1, 2 e 3 anteriores.
Deberá consignarse a clave 4 cando non se teña ningún título xurídico sobre a vivenda ou exista título distinto dos mencionados nas claves anteriores.
A título de exemplo, deberán consignar a clave 4 cando o primeiro declarante, o cónxuxe ou ambos convivan co propietario, usufrutuario ou arrendatario da vivenda (por exemplo, vivenda dos pais na que tamén viven os fillos) ou nos supostos de vivenda cedida ao contribuínte pola empresa etc.
• Referencia catastral
Consignarase a referencia catastral da vivenda e, se é o caso, de cada unha das prazas de garaxe adquiridas conxuntamente con esta, cun máximo de dúas.
Este dato deberá indicarse calquera que sexa o tipo de titularidade do inmoble que constitúa o seu domicilio actual (é dicir, propiedade ou usufruto, arrendamento ou outras situacións, claves 1, 2, 3 ou 4).
A referencia catastral figura no recibo do imposto sobre bens inmobles (IBI) e pode, así mesmo, obterse na páxina da oficina virtual do catastro en internet, nesta mesma páxina do programa hai unha ligazón directa á dita web, no enderezo http://www.sedecatastro.gob.es/ da seguinte forma:
1º. Entre no apartado de acceso libre, referido aos datos catastrais non protexidos.
2º. Introduza os datos de localización do inmoble.
3º. Pulse "Consultar datos".
Tamén poderá coñecer a referencia catastral do inmoble chamando á liña directa do catastro (teléfono: 902 373 635)
• Porcentaxe de participación en caso de propiedade ou usufruto
Deberá indicarse, con dous decimais, a porcentaxe de participación na propiedade ou usufruto da vivenda ou das prazas de garaxe.
• Situación da vivenda
Seleccionarase de entre as seguintes claves a que corresponda á situación da vivenda:
Clave 1. Inmoble con referencia catastral situado en calquera punto do territorio español, excepto País Vasco e Navarra.
Clave 2. Inmoble situado na Comunidade Autónoma do País Vasco ou na Comunidade Foral de Navarra.
Clave 3. Inmoble en calquera das situacións anteriores pero sen referencia catastral.
Clave 4. Inmoble situado no estranxeiro.