FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > RENDEMENTOS DO TRABALLO PERSOAL

DATOS ADICIONAIS

 

-   PROLONGACIÓN DA ACTIVIDADE LABORAL

 

Se é un traballador en activo maior de 65 anos que continúa a súa actividade laboral, incrementará nun 100 por 100 a redución por rendementos do traballo. Nestes caso deberá marcar cunha X o recadro de "Primeiro declarante" ou "Cónxuxe".

 

-   TRABALLADOR EN ACTIVO DISCAPACITADO

 

Se o "Primeiro declarante", "Cónxuxe", "Fillo 1", "Fillo 2", “Fillo 3” ou “Fillo 4” son traballadores activos discapacitados deben sinalar a súa situación seleccionando a clave que corresponda entre as que se indican a continuación:

 

1- Discapacitado en grao igual ou superior ao 33 %

 

Sinalarán esta clave os traballadores activos discapacitados que poidan  acreditar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100 e inferior ao 65 por 100 e non se encontren na situación 2 seguinte.

 

2- Discapacitado en grao igual ou superior ao 33 % que necesite axuda de terceiras persoas ou discapacitados en grao igual ou superior ao 65 %

 

Sinalarán esta clave os traballadores activos discapacitados cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por 100 e inferior ao 65 por 100, que poidan acreditar a necesidade de axuda de terceiras persoas para desprazarse ao seu lugar de traballo ou para desempeñar este, ou mobilidade reducida para utilizar medios de transporte colectivos.

 

Sinalarán tamén esta clave os traballadores activos discapacitados que poidan acreditar un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100, ou cuxa discapacidade se declarase xudicialmente, aínda que non alcance o dito grao (DA décimo segunda da Lei 55/1999).

 

 

Atención

 

Só se seleccionará algunha destas claves cando concorran simultaneamente, durante calquera  día do período impositivo, as seguintes circunstancias:

 

•    Ser traballador activo.

•    Encontrarse na situación de discapacidade esixida.

 

Se durante o período impositivo sobreveu a situación de discapacidade ou se modificou o seu grao ou circunstancias, seleccionarase a clave superior das que puidesen corresponder.

 

-   MOBILIDADE XEOGRÁFICA

 

Os contribuíntes desempregados inscritos na oficina de emprego que acepten un posto de traballo que esixa o traslado da súa residencia habitual a un novo municipio incrementarán nun 100 por 100 a redución por rendementos do traballo. Neste caso, deberá marcar cunha X o recadro que corresponda " Primeiro declarante", "Cónxuxe", "Fillo 1", "Fillo 2", “Fillo 3” ou “Fillo 4”.