Atención: non esqueza asinar a declaración antes de presentala, así como o documento de ingreso ou devolución (modelo 100). A falta de sinatura pode ocasionar molestias innecesarias e, no caso de que o resultado da liquidación sexa unha cantidade para devolver, atrasar a súa devolución.
A) DECLARACIÓN INDIVIDUAL
Se se trata de tributación individual, a declaración deberá ser asinada polo contribuínte.
B) DECLARACIÓN CONXUNTA
a) Cando se trate da primeira modalidade de unidade familiar (integrada por ambos os cónxuxes), a declaración deberá ser asinada por ambos os cónxuxes ("Primeiro declarante" e "Cónxuxe"), que actuarán en nome propio e en representación, se é o caso, dos fillos membros da unidade familiar.
b) Cando se trate da segunda modalidade de unidade familiar (en caso de separación legal ou inexistencia de matrimonio), a declaración deberá ser asinada polo "Primeiro declarante", que actuará en nome propio e en representación dos fillos membros da unidade familiar.