Indicarase o criterio de imputación das rendas positivas da entidade non residente, de conformidade co previsto no artigo 91.5 da Lei do imposto:
- Período impositivo en que se aproban as contas anuais da entidade
O contribuínte poderá optar por realizar a imputación no período impositivo que comprenda o día en que se aproben as contas correspondentes ao dito exercicio, sempre que non transcorresen máis de seis meses contados a partir da data da conclusión deste.
A opción manifestarase na primeira declaración do imposto en que deba producir efecto e deberá manterse durante tres anos.
- Período impositivo correspondente á data de peche do exercicio social
Non obstante, como regra xeral, a imputación realizarase no período impositivo que comprenda o día en que a entidade non residente en territorio español concluíse o seu exercicio social que, para estes efectos, non poderá entenderse de duración superior a doce meses.