FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > COTA ÍNTEGRA > GRAVAME DA BASE LIQUIDABLE XERAL (arts. 63 e 74 da lei)

COTA ÍNTEGRA ESTATAL

 

O cálculo da cota íntegra estatal correspondente á base liquidable xeral realizarase da seguinte forma:

 

1. Á base liquidable xeral (sen descontar o importe do mínimo persoal e familiar) aplicaránselle os tipos correspondentes á escala xeral do imposto.

2. Aplicarase a mesma escala á parte de base liquidable xeral correspondente ao mínimo persoal e familiar.

3. Restaráselle á cota resultante da epígrafe 1 a cota resultante da epígrafe 2.

4. Aplicarase o gravame complementario que establece, para os exercicios 2012, 2013 e 2014, a disposición adicional trixésimo quinta da Lei do IRPF.

5. Aplicarase esta mesma escala complementaria á parte da base liquidable xeral correspondente ao mínimo persoal e familiar.

6. Restaráselle á cota resultante do apartado 4º a cota resultante do apartado 5º.

 

 

A escala xeral aplicable no exercicio 2014 será:

 

Base liquidable

Cota íntegra

Resto base liquidable

Tipo aplicable

Ata euros

Euros

Ata euros

Porcentaxe

0,00

0,00

17.707,20

12

17.707,20

2.124,86

15.300,00

14

33.007,20

4.266,86

20.400,00

18,50

53.407,20

8.040,86

66.593,00

21,50

120.000,20

22.358,36

55.000,00

22,50

175.000,20

34.733,36

En diante

23,50

 

Gravame complementario á cota íntegra estatal

 

Para os exercicios 2012, 2013 e 2014 a cota íntegra estatal incrementarase nos seguintes importes:

 

Base liquidable

Incremento en cota íntegra

Resto base liquidable

Tipo aplicable

Ata euros

Euros

Ata euros

Porcentaxe

0,00

0,00

17.707,20

0,75

17.707,20

132,80

15.300,00

2,00

33.007,20

438,80

20.400,00

3,00

53.407,20

1.050,80

66.593,00

4,00

120.000,20

3.714,52

55.000,00

5,00

175.000,20

6.464,52

125.000,00

6,00

300.000,20

13.964,52

En diante

7,00

 

Tipo medio de gravame estatal

 

Entenderase por tipo medio de gravame estatal o derivado de multiplicar por 100 o cociente resultante de dividir a cota obtida, prevista no artigo 63 da Lei do imposto, pola base liquidable xeral.

O tipo medio de gravame estatal expresarase con dous decimais.