COTA LÍQUIDA ESTATAL
A cota líquida estatal do imposto será o resultado de diminuír a cota íntegra estatal na suma do tramo estatal da dedución por investimento en vivenda habitual, o 50 por 100 do importe do total das deducións xerais e a dedución por obras de mellora da vivenda habitual.
O resultado non poderá ser negativo.
COTA LÍQUIDA AUTONÓMICA
A cota líquida autonómica ou complementaria será o resultado de diminuír a cota autonómica ou complementaria na suma de:
a) O tramo autonómico da dedución por investimento en vivenda habitual.
b) O 50 por 100 do importe total das deducións xerais que procedan.
c) O importe das deducións establecidas pola comunidade autónoma na que resida o contribuínte no exercicio das súas competencias.
O resultado das operacións anteriores non poderá ser negativo.