O programa calculará a cota diferencial e o resultado da declaración.
A cota diferencial será a diferenza entre o importe consignado nos recadros 589 e 601. De obterse unha cantidade negativa, o importe do recadro 605 aparecerá precedido do signo menos (-).
O resultado da declaración será o resultado da seguinte operación: recadros 605-606+607. De obterse unha cantidade negativa, o importe do recadro 610 aparecerá precedido do signo menos (-).
Se o resultado da declaración é unha cantidade positiva, deberá ingresar o seu importe.
Se o resultado da declaración é unha cantidade negativa, o contribuínte ten dereito á devolución da cantidade que resulte ao seu favor.