FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > RÉXIMES ESPECIAIS > IMPUTACIÓNS DE RENDAS POR CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE > FORMA DE CUBRIR
CONTRIBUÍNTE, PRIMEIRO CESIONARIO E EMPREGADOR

 

 

-   PERSOA OU ENTIDADE PRIMEIRA CESIONARIA DOS DEREITOS DE IMAXE

  

Indicarase o NIF ou denominación da persoa ou entidade, residente ou non residente, a quen o contribuínte lle cedese o dereito á explotación da imaxe ou consentise ou autorizase a súa utilización (art. 92.1.a) da lei).

 

 

-   PERSOA OU ENTIDADE COA QUE O CONTRIBUÍNTE MANTÉN RELACIÓN LABORAL

 

Indicarase o NIF ou denominación da persoa ou entidade coa que se manteña relación laboral, que obtivese, directamente ou a través de persoas ou entidades vinculadas, a cesión do dereito á explotación ou o consentimento ou autorización para a utilización da imaxe do contribuínte (art. 92.1.c) da lei).