CONSUMOS DE EXPLOTACIÓN

 

Esta rúbrica recolle as compras consumidas no exercicio de mercadorías, materias primas e demais adquisicións correntes de bens efectuadas a terceiros.

 

O prezo de adquisición comprenderá o consignado na factura máis todos os gastos adicionais que se produzan ata que os bens se encontren en almacén, tales como transportes, aduanas, seguros etc.

 

O custo de produción dos produtos fabricados pola propia empresa determinarase engadíndolle  ao prezo de adquisición das materias primas e outras materias consumibles os custos directamente imputables ao produto, así como a parte que razoablemente corresponda dos custos indirectos soportados durante o proceso de fabricación.

 

Para a valoración de existencias, admitirase como criterio valorativo para grupos homoxéneos de existencias o custo medio ponderado e o FIFO.