CONSUMO DE ENERXÍA
Por consumo de enerxía eléctrica entenderase a facturada pola empresa subministradora. Expresarase en quilovatios/hora (kWh).
Cando na factura se distinga entre enerxía "activa" e "reactiva", só se computará a primeira.
A través dunha ventá de captura de datos indicaranse os quilovatios/hora (kWh) consumidos durante o exercicio. O programa converte este dato en "centos de quilovatios/hora" que é a unidade do módulo.