CONCEPTO DE REHABILITACIÓN DE VIVENDA
Para os efectos da dedución por adquisición de vivenda, considéranse rehabilitación de vivenda as obras realizadas nesta que cumpran calquera dos seguintes requisitos:
a) Que fosen cualificadas ou declaradas como actuación protexida en materia de rehabilitación de vivendas nos termos previstos no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro de 2008, polo que se regula o Plan estatal de vivenda e rehabilitación 2009-2012, para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda.
b) Que teñan por obxecto a reconstrución da vivenda mediante a consolidación e o tratamento das estruturas, fachadas ou cubertas e outras análogas sempre que o custo global das operacións de rehabilitación exceda do 25 por 100 do prezo de adquisición se se efectuase esta durante os dous anos anteriores ao inicio das obras de rehabilitación ou, noutro caso, do valor de mercado que tivese a vivenda no momento do dito inicio. Para estes efectos, descontarase do prezo de adquisición ou do valor de mercado da vivenda a parte proporcional correspondente ao solo.