CONCEPTO DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO (art. 35.1.a da LIS)
Considerarase investigación a indagación orixinal e planificada que persiga descubrir novos coñecementos e unha superior comprensión no ámbito científico ou tecnolóxico.
Considérase desenvolvemento a aplicación dos resultados da investigación ou de calquera outro tipo de coñecemento científico para a fabricación de novos materiais ou produtos ou para o deseño de novos procesos ou sistemas de produción, así como para a mellora tecnolóxica substancial de materiais, produtos, procesos ou sistemas preexistentes.
Tamén se considerará actividade de investigación e desenvolvemento a materialización dos novos produtos ou procesos nun plano, esquema ou deseño, así como a creación dun primeiro prototipo non comercializable e os proxectos de demostración inicial ou proxectos piloto. Sempre que estes non se poidan converter ou utilizar para aplicacións industriais ou para a súa explotación comercial. Igualmente, incluirase o deseño e a elaboración do mostrario para o lanzamento dos novos produtos.
Considérase actividade de investigación e desenvolvemento a concepción de "software" avanzado, sempre que supoña un progreso científico ou tecnolóxico significativo mediante o desenvolvemento de novos teoremas e algoritmos ou mediante a creación de sistemas operativos e linguaxes novas, ou sempre que estea destinado a lles facilitar ás persoas discapacitadas o acceso aos servizos da sociedade da información. Non se inclúen as actividades habituais ou rutineiras relacionadas co "software".
Ademais do anteriormente indicado, hai que ter en conta as exclusións aplicables á dedución.