CONCEPTO DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA (art. 35.2 a) da LIS)

 

Considerarase innovación tecnolóxica a actividade cuxo resultado é a obtención de novos produtos ou procesos de produción, ou de melloras substanciais, dos xa existentes. Consideraranse novos aqueles produtos ou procesos cuxas características ou aplicacións, desde o punto de vista tecnolóxico, difiran substancialmente das existentes con anterioridade.

 

Esta actividade incluirá a materialización dos novos produtos ou procesos nun plano, esquema ou deseño, así como a creación dun primeiro prototipo non comercializable e os proxectos de demostración inicial ou proxectos piloto, e os mostrarios téxtiles, da industria do calzado, do curtido, da marroquinería, do xoguete, do moble e da madeira, sempre que estes non se poidan converter ou utilizar para aplicacións industriais ou para a súa explotación comercial.

 

Ademais do anteriormente indicado, hai que ter en conta as exclusións aplicables á dedución.