Sobre a parte autonómica da cota íntegra dos contribuíntes residentes na Comunidade Valenciana poden aplicarse as deducións que se indican a continuación.
En caso de tributación conxunta, imputaranse á unidade familiar as deducións autonómicas que correspondesen aos seus distintos membros no suposto de tributación individual, tendo en conta para iso as regras de individualización dos rendementos e das alteracións patrimoniais das distintas fontes de renda contidas na normativa estatal reguladora do imposto.