DATOS PERSOAIS E FAMILIARES

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE RESIDENCIA HABITUAL

 

A través dunha ventá de captura de datos consignarase a comunidade autónoma (ou cidade autónoma de Ceuta ou Melilla) na que o contribuínte ou a unidade familiar tivese a súa residencia habitual durante o ano 2014.

 

No suposto excepcional de que os membros dunha mesma unidade familiar tivesen a súa residencia habitual en comunidades distintas, indicarase, para a declaración conxunta, a comunidade autónoma onde tivese a súa residencia habitual o membro con maior base liquidable de acordo coas regras de individualización do imposto; e para as declaracións individuais, a comunidade autónoma onde residise cada un dos membros da unidade familiar.

 

Os españois, e membros da súa unidade familiar, que sexan contribuíntes polo IRPF, pero teñan a súa residencia habitual no estranxeiro pola súa condición de membros de misións diplomáticas ou oficinas consulares españolas, funcionarios públicos ou de titulares de cargo ou emprego oficial, a que se refire o artigo 10 da Lei do imposto, e os españois que non perdesen a súa condición de contribuíntes por establecer a súa residencia nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal (art. 8.2 da Lei do imposto) consignarán "CONTRIBUÍNTE NON RESIDENTE".