COMUNIDADE AUTÓNOMA DE CATALUÑA

 

A Comunidade Autónoma de Cataluña estableceu no tramo autonómico as seguintes porcentaxes de dedución:

 

a)   Con carácter xeral: o 7,5 %.

 

Réxime especial: cando se trate de persoas contribuíntes que adquirisen a vivenda habitual antes do 30-07-2011 ou satisfixesen cantidades para a construción desta antes da dita data, a porcentaxe será do 9 %. Só se poderá aplicar esta porcentaxe no caso de adquisición e construción da vivenda habitual, sen que poida aplicarse para os supostos de rehabilitación ou ampliación da vivenda habitual ou achegas a contas vivendas.

 

 

Para a aplicación da porcentaxe do 9 % debe darse algunha das seguintes condicións:

 

-   Ter 32 anos ou menos na data de xeración do imposto, sempre e cando a súa base impoñible total, menos o mínimo persoal e familiar, non sexa superior a 30.000 euros. No caso de tributación conxunta, este límite compútase de maneira individual para cada un dos contribuíntes que teñan dereito á dedución por realizar investimentos durante o exercicio.

-   Estar en paro durante 183 días ou máis durante o exercicio.

-   Ter un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100.

-   Formar parte dunha unidade familiar que inclúa polo menos un fillo na data de xeración do imposto.