COMUNICACIÓN QUE DEBERÁ PRESENTAR O ARRENDATARIO (art. 16 do regulamento)
O arrendatario deberá presentarlle ao arrendador con anterioridade ao 31 de marzo do exercicio seguinte a aquel no que deba producir efectos unha comunicación co seguinte contido:
a) Nome, apelidos, domicilio fiscal e número de identificación fiscal do arrendatario.
b) Referencia catastral ou, no seu lugar, enderezo completo do inmoble arrendado obxecto da presente comunicación que constituíu a súa vivenda no período impositivo anterior.
c) Manifestación de ter unha idade comprendida entre os 18 e os 35 anos durante todo o período impositivo anterior ou durante parte deste, indicando neste último caso o número de días en que cumpriu tal requisito.
d) Manifestación de obter durante o período impositivo anterior uns rendementos netos do traballo e de actividades económicas superiores ao indicador público de renda de efectos múltiples.
e) Data e sinatura do arrendatario.
f) Identificación da persoa ou entidade destinataria da dita comunicación.
En todo caso, o arrendador quedará obrigado a conservar a citada comunicación debidamente asinada.
Non resultará de aplicación o incremento da redución no suposto de que o rendemento neto derivado do inmoble ou dereito fose negativo.