COMPROBACIÓN DA SITUACIÓN PATRIMONIAL (art. 70 da lei)
A aplicación da dedución por investimento en vivenda requirirá que o importe comprobado do patrimonio do contribuínte ao finalizar o período da imposición exceda do valor que resultase da súa comprobación ao comezo deste polo menos na contía dos investimentos realizados, sen computar os xuros e demais gastos de financiamento.
Para estes efectos, non se computarán os incrementos ou diminucións de valor experimentados durante o período impositivo polos elementos patrimoniais que ao final deste sigan formando parte do patrimonio do contribuínte.