FORMA DE CUBRIR IRPF (II) > BASE IMPOÑIBLE XERAL E BASE IMPOÑIBLE DO AFORRO

COMPENSACIÓNS DE PARTIDAS NEGATIVAS NA BASE IMPOÑIBLE XERAL

Compensarase primeiramente, e por esta orde, do saldo neto positivo das ganancias e perdas patrimoniais imputables a 2014 para integrar na base impoñible xeral:

-   Resto dos saldos netos negativos dos rendementos de capital mobiliario correspondentes aos exercicios 2010 a 2013, derivados de valores de débeda subordinada ou de participacións preferentes.

-   Resto de saldos netos negativos das ganancias e perdas patrimoniais correspondentes aos exercicios 2010 a 2013, derivados da transmisión de valores recibidos por operacións de débeda subordinada ou de participacións preferentes.

-   Resto dos saldos netos negativos dos rendementos de capital mobiliario imputables a 2014, derivados de valores de débeda subordinada ou de participacións preferentes.

-   Resto de saldos netos negativos das ganancias e perdas patrimoniais imputables a 2014, derivados da transmisión de valores recibidos por operacións de débeda subordinada ou de participacións preferentes.

-   Saldo neto negativo de ganancias e perdas patrimoniais de 2010 a 2013 para integrar na base impoñible xeral, como máximo o importe positivo que poida quedar pendente.

 

Do saldo positivo dos rendementos para integrar na base impoñible e das imputacións de renda poderase compensar:

 

 

Saldo neto negativo de ganancias e perdas patrimoniais de 2010 a 2012 que hai que integrar na base impoñible xeral co límite do 25 por 100 do importe do recadro 424, pendentes de compensación. 

Consignarase no recadro 425 da páxina 12 da declaración o saldo neto negativo das ganancias e perdas patrimoniais para integrar na base impoñible xeral procedentes dos exercicios 2010 a 2012, que se encontren pendentes de compensación o 1 de xaneiro de 2014.

 

 

-   Saldo neto negativo das ganancias e perdas patrimoniais de 2013 que hai que integrar na base impoñible xeral co límite do 10 por 100 do importe do recadro 424, pendentes de compensación.

 

Consignarase no recadro 426 da páxina 12 da declaración o saldo neto negativo das ganancias e perdas patrimoniais que hai que integrar na base impoñible xeral procedente do exercicio 2013, que se encontren pendentes de compensación o 1 de xaneiro de  2014.

 

-   Saldo neto negativo das ganancias e perdas patrimoniais de 2014 que hai que integrar na base impoñible xeral co límite do 10 por 100 do importe do recadro 424, pendentes de compensación.

 

Consignarase no recadro 427 da páxina 12 da declaración o saldo neto negativo das ganancias e perdas patrimoniais que hai que integrar na base impoñible xeral procedente do exercicio 2014.