COMEDORES DE EMPRESA (art. 45 do regulamento)
Terán a consideración de entrega de produtos a prezos rebaixados que se realicen en comedores de empresa as fórmulas directas e indirectas de prestación do servizo, admitidas pola lexislación laboral, nas que concorran os seguintes requisitos:
1- Que a prestación do servizo teña lugar durante días hábiles para o empregado ou traballador.
2- Que a prestación do servizo non teña lugar durante os días en que o empregado ou traballador xere axudas de custo por manutención exceptuadas de gravame.
Cando a prestación do servizo se realice a través de fórmulas indirectas, terán que cumprirse, ademais, os seguintes REQUISITOS:
a) A contía das fórmulas indirectas non poderá superar 9 euros diarios. Se a contía diaria fose superior, existirá retribución en especie polo exceso.
b) Se para a prestación do servizo se lle entregasen ao empregado ou traballador vales-comida ou documentos similares, tarxetas ou calquera outro medio electrónico de pagamento, observarase o seguinte:
• Deberán estar numerados, expedidos de forma nominativa e neles deberá figurar o seu importe nominal e a empresa emisora.
• Serán intransmisibles e a contía non consumida nun día non se poderá acumular a outro día.
• Non se poderá obter, nin da empresa nin de terceiro, o reembolso do seu importe.
• Só se poderán utilizar en establecementos de hostalería.
A empresa que os entregue deberá levar e conservar a relación dos entregados a cada un dos seus empregados ou traballadores, con expresión de:
No caso de vales-comida ou documentos similares, o número de documento, o día de entrega e o importe nominal.
No caso de tarxetas ou calquera outro medio electrónico de pagamento, o número de documento e a contía entregada cada un dos días, con indicación destes últimos.