CENTROS DE TRABALLO MÓBILES OU ITINERANTES (art. 9.a.4 do regulamento)

 

O réxime xeral de axudas de custo e gastos de viaxe exceptuados de gravame será tamén aplicable ás asignacións para gastos de locomoción, manutención e estancia que perciban os traballadores contratados especificamente para prestar os seus servizos en empresas con centros de traballo móbiles ou itinerantes, sempre que aquelas asignacións correspondan a desprazamentos a municipio distinto do que constitúa a residencia habitual do traballador.