CARGA DE ELEMENTOS DE TRANSPORTE E CARGA DE VEHÍCULOS

 

A capacidade de carga dun vehículo ou conxunto será igual á diferenza entre a masa total máxima autorizada (MMA), determinada tendo en conta as posibles limitacións administrativas que, se é o caso, se indiquen nas tarxetas de inspección técnica, e a suma das taras correspondentes aos vehículos portantes (peso en baleiro do camión, remolque, semirremolque e cabeza tractora), expresada, segundo proceda, en quilogramos (carga de elementos de transporte) ou toneladas (carga de vehículos), estas últimas con dúas cifras decimais.

 

No caso de cabezas tractoras que utilicen distintos semirremolques, a súa tara avalaríase en oito toneladas como máximo.