FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > DATOS IDENTIFICATIVOS

BORRADOR OU DATOS FISCAIS PARA O EXERCICIO 2015

 

Para obter o borrador ou os datos fiscais do exercicio 2015 non é necesario cubrir o recadro 111, xa que para o ano próximo poderá visualizar a opción máis favorable do seu borrador, e a obtención dos datos fiscais en posesión da Axencia Tributaria a través de internet e desde o primeiro día da campaña.

 

Non obstante, se desexa obter exclusivamente a opción de tributación individual, aínda que esta opción sexa menos favorable para vostede ca a conxunta, marque cunha X o recadro 111 da páxina 2 da declaración.