BENEFICIARIOS DO PATRIMONIO PROTEXIDO (art. 2 da Lei 41/2003)

 

1. O patrimonio protexido das persoas con discapacidade terá como beneficiario, exclusivamente, a persoa en cuxo interese se constitúa, que será o seu titular.

 

2. Para os efectos desta lei unicamente terán a consideración de persoas con discapacidade:

-   As afectadas por unha discapacidade psíquica igual ou superior ao 33 por 100.

-   As afectadas por unha discapacidade física ou sensorial igual ou superior ao 65 por 100.

 

3. O grao de discapacidade acreditarase mediante certificado expedido conforme o establecido regulamentariamente ou por resolución xudicial firme.