PRESENTACIÓN TELEMÁTICA > DECLARACIÓNS DO IRPF > PROCEDEMENTO PARA A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA

AUTOLIQUIDACIÓNS PARA INGRESAR CUXO PAGAMENTO SE REALIZA SEN DOMICILIACIÓN BANCARIA EN ENTIDADE COLABORADORA

 

O declarante ou, de ser o caso, o presentador deberá poñerse en comunicación coa entidade colaboradora por vía electrónica (directa ou a través da sede electrónica da Axencia Tributaria) ou acudindo ás súas oficinas para realizar o pagamento da cota resultante e facilitar os seguintes datos:

 

-   NIF do contribuínte (9 caracteres)

-   Exercicio fiscal (4 caracteres)

-   Período = 0A (cero A)

-   Código do modelo da autoliquidación = 100

-   Tipo de autoliquidación = “I” Ingreso

-   Importe para ingresar, expresado en euros con dous decimais (deberá ser maior ca cero).

-   Opción 1: non fracciona o pagamento.

-   Opción 2: si fracciona o pagamento e non domicilia o segundo prazo.

-   Opción 3: si fracciona o pagamento e si domicilia o segundo prazo.

 

A entidade colaboradora, unha vez contabilizado o importe, asignaralle ao contribuínte un número de referencia completo (NRC) que xerará informaticamente mediante un sistema criptográfico que relacione de forma unívoca o NRC co importe ingresado.

 

Unha vez realizado o ingreso, a entidade colaboradora proporcionaralle ao obrigado tributario ou ao presentador o recibo-xustificante de pagamento a que se refire o apartado 3 do artigo 3 da Orde EHA/2027/2007, do 28 de xuño. No dito recibo-xustificante de pagamento, en todo caso, deberá figurar o número de referencia completo (NRC) asignado pola entidade colaboradora ao ingreso realizado.

O declarante ou, de ser o caso, o presentador, unha vez realizada a operación anterior e obtido o NRC correspondente, conectará coa sede electrónica da Axencia Tributaria no enderezo  https://www.agenciatributaria.gob.es e procederá como segue:

 

 

 

Seleccionará o concepto fiscal (Renda 2014. Presentación de declaración).

 

1. Seleccionará o ficheiro que contén a declaración para transmitir.

 

2. Introducirá o NRC subministrado pola entidade colaboradora.

 

3. A continuación, procederá a transmitir a autoliquidación utilizando calquera das formas de presentación electrónica indicadas no apartado “Formas de presentación electrónica”.

 

4. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase utilizar certificado electrónico recoñecido.

 

5. Se a autoliquidación é aceptada, a Axencia Estatal de Administración Tributaria devolveralle en pantalla os datos da autoliquidación con resultado para ingresar, validados cun código seguro de verificación de 16 caracteres, ademais da data e hora da presentación.

 

6. No suposto de que a presentación fose rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados. Neste caso, deberá proceder a emendar estes co programa de axuda co que se xerou o ficheiro ou repetindo a presentación se o erro fose ocasionado por outro motivo.

 

7. O presentador deberá imprimir e conservar a declaración aceptada, así como o documento de ingreso ou devolución e, se é o caso, o documento de ingreso do segundo prazo, modelo 102,  debidamente validados co correspondente código seguro de verificación.