No suposto de que o contribuínte opte por realizar o pagamento total ou o correspondente ao primeiro prazo mediante domiciliación bancaria en entidade colaboradora na xestión recadatoria, a transmisión da declaración non precisará a comunicación previa coa entidade colaboradora para a realización do ingreso e obtención do NRC. A transmisión da declaración, na que se recollerá a correspondente orde de domiciliación, e demais actuacións posteriores realizarase de acordo co disposto nos parágrafos seguintes.
1. Unha vez seleccionado o concepto fiscal e o ficheiro coa autoliquidación para transmitir, a súa transmisión, na que se recollerá a correspondente orde de domiciliación, e demais actuacións posteriores realizaranse de acordo co disposto na epígrafe "Declaracións positivas cuxo pago se realiza sen domiciliación bancaria en entidade colaboradora".
2. O contribuínte, finalmente, deberá imprimir e conservar a declaración aceptada, así como o documento de ingreso ou devolución, modelo 100, e, se é o caso, o documento de ingreso do segundo prazo, modelo 102, validados cun código seguro de verificación de 16 caracteres no que constará, ademais da data e da hora da presentación da autoliquidación, a orde de domiciliación efectuada e, se é o caso, a opción de fraccionamento de pago elixida.