PRESENTACIÓN TELEMÁTICA > DECLARACIÓNS DO IRPF > PROCEDEMENTO PARA A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA

AUTOLIQUIDACIÓNS PARA INGRESAR, CON SOLICITUDE DE APRAZAMENTO OU FRACCIONAMENTO, COMPENSACIÓN OU CON RECOÑECEMENTO DE DÉBEDA

 

1.   Con ingreso parcial da débeda. Nos casos de autoliquidacións con resultado para ingresar nas que o obrigado tributario pretenda efectuar o pagamento dunha parte da débeda total e, ao tempo, solicitar a compensación, o aprazamento ou fraccionamento ou ben simplemente recoñecer a débeda polo resto do importe para ingresar, o procedemento de presentación electrónica da declaración ou autoliquidación será o seguinte:

 

A transmisión da declaración precisará a comunicación previa coa entidade colaboradora para a realización do ingreso e obtención do NRC.

 

Unha vez seleccionado o concepto fiscal e o ficheiro coa autoliquidación que hai que transmitir, a transmisión desta, na que se recollerá o NRC e a opción que exercerá posteriormente respecto da cantidade non ingresada, e demais actuacións posteriores, realizaranse de acordo co disposto no apartado "Declaracións positivas cuxo pagamento se realiza sen domiciliación bancaria nunha entidade colaboradora".

 

En ningún caso poderán simultanearse as opcións de aprazamento ou fraccionamento e a de simple recoñecemento de débeda.

 

O contribuínte, finalmente, deberá imprimir e conservar a declaración aceptada, así como o documento de ingreso ou devolución, modelo 100,  e, de ser o caso, o documento de ingreso do segundo prazo, modelo 102, validados cun código seguro de verificación de 16 caracteres no que constará, ademais da data e hora da presentación da autoliquidación, e unha clave de liquidación de 17 caracteres. Coa dita clave poderá solicitarse electronicamente compensación, aprazamento ou fraccionamento do importe non ingresado, no mesmo momento da súa obtención, ou nun momento posterior, a través do procedemento habilitado para o efecto na sede electrónica da Axencia Tributaria. En ningún caso, a presentación electrónica da declaración ou autoliquidación terá, por si mesma, a consideración de solicitude de compensación, aprazamento ou fraccionamento de débeda.

 

2.   Sen ingreso. Nos casos de autoliquidacións con resultado para ingresar nas que o obrigado tributario pretenda solicitar a compensación, o aprazamento ou fraccionamento ou ben simplemente recoñecer a totalidade da débeda resultante, o procedemento de presentación electrónica da declaración ou autoliquidación será o seguinte:

 

O mesmo ca no punto anterior, pero a transmisión da declaración non precisará a comunicación previa coa entidade colaboradora para a realización do ingreso e obtención do NRC, nin se deberá indicar este na transmisión da declaración.