FORMA DE CUBRIR IRPF (I) > DATOS IDENTIFICATIVOS

ASIGNACIÓN TRIBUTARIA Á IGREXA CATÓLICA

 

Se desexa que se destine o 0,7 por 100 da cota íntegra do imposto ao sostemento económico da Igrexa católica deberá marcar cunha X o recadro 105.

 

Atención: a asignación de cantidades á Igrexa católica é independente da asignación tributaria a actividades de interese xeral consideradas de interese social, e ambas son compatibles entre si. En caso de non marcar algún dos recadros correspondentes a estas opcións, a súa parte imputarase aos orzamentos xerais do Estado con destino a fins sociais.