Conforme establece o Real decreto lei 7/2013, do 28 de xuño, o Estado destinará a subvencionar actividades de interese xeral consideradas de interese social, na forma que regulamentariamente se estableza, o 0,7 por 100 da cota íntegra do imposto dos contribuíntes que expresamente manifesten a súa vontade en tal sentido.
Esta asignación irá dirixida a organizacións non gobernamentais (ONG) de acción social e de cooperación no desenvolvemento para a realización de programas sociais.
Polo tanto, se desexa que se destine a dita porcentaxe da cota íntegra á finalidade indicada, deberá marcar cunha X o recadro 106.
Atención: a asignación de cantidades a fins sociais é independente da asignación tributaria á Igrexa católica, e ambas son compatibles entre si. En caso de non marcar ningún dos recadros correspondentes a estas opcións, a súa parte imputarase aos orzamentos xerais do Estado con destino a fins sociais.